Os servizos web de autoxestión de Vodafone xa están accesibles en galego

martes, 17 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Na páxina web de Vodafone é posible acceder a varias áreas de autoxestión de servizos, como Mi Vodafone ou a Área de clientes, dende as que consultar e modificar os servizos asociados aos nosos móbiles, e que ata o momento só estaban en español, pero agora a operadora británica anuncia que tamén permitirá a súa consulta no resto de idiomas oficiais do Estado (catalán, éuscaro e galego) facilitando así o seu uso para usuarios dos que o español non sexa a súa lingua habitual.
Estes espazos virtuais permite a consulta de facturas e consumo, cambios de tarifa, consulta de plans de prezo, recargas de tarxetas… e agora, tamén elixir entre 4 linguas distintas.