Os supermercados Dia% estrean operadora de telefonÃa móbil
martes, 20 de maio do 2008
Os operadores
móbiles virtuais (OMV) non paran de aparecer no mercado español, e un dos últimos
en entrar no negocio da telefónica móbil é Diamovil, a
operadora da cadea de tendas de alimentación Dia%, que destaca por apoiarse por
unha agresiva promoción na que ata finais de agosto achegará 1 euros de saldo
por cada compras superior a 20 euros (cun máximo mensual de 3 euros) da que se
poden beneficiar os clientes do ClubDia%.
Esta nova operadora aproveitará os 3.000 establecementos da súa empresa matriz
para chegar aos seus clientes, e xa se
está a publicitar en varias cidades españolas. As tarifas de Diamovil
son de 7 céntimos/minuto para chamadas entre clientes da operadora e de 14
céntimos/minuto para outras operadoras. Os SMS e MMS custarán 14 e 50 céntimos
respectivamente.
