Os usuarios de R quedan sen conexión á Internet durante 4 horas da pasada noite
xoves, 9 de abril do 2009
Como xa pasara o
pasado outono, os usuarios de R padeceron a pasada noite unha caÃda xeral
do servizo de Internet durante preto de 4 horas, o que non só tivo
consecuencias para os clientes domésticos, senón que medios de comunicación
coma El Correo Gallego, El Progreso, El Ideal Gallego e Xornal de Galicia
deixaron de ter operativa a súa páxina web por este problema de conectividade.
AÃnda que as incidencias son difÃciles de evitar, cómpre informar axeitadamente
aos usuarios das mesmas, e neso a operadora galega de cable demostrou ser
incapaz de responder axeitadamente unha vez máis, pois ao chamar ao seu servizo
de atención ao cliente, e tras permanecer varios minutos en espera, a meirande
parte das chamadas non eran atendidas e remitÃan aos usuarios á páxina web da compañÃa, onde aÃnda hoxe non se publicou
nada sobre a incidencia.
Incluso ao blog
oficial de R chegaron comentarios coma o dun usuario chamado banzai, e que
reproducimos aquà porque parece que foi vetado tardou en ser aprobado polo administrador do blog (entendemos que por estar fóra da temática da
entrada na que se fixo por acontecer os feitos nun dÃa festivo): «No tiene que ver con el tema, pero si con R.
Me esta gustando mucho lo bien que estan tratando este corte que lleva ya casi
2 horas... queda de maravilla de cara la galeria pagar 110€ religiosamente cada
mes y cuando hay un corte (supongo que general aunque puede ser de mi zona,
pero tal y como esta atencion al cliente supongo que es general...) R tenga la
jeta de colgar el telefono y no decir ni pio (ya que la red propia de R
funciona... como minimo lo logico es poner un comunicado en la pagina de mundo-r
ya que pasais de informar por el servicio de atencion al cliente) en fin, tan
pronto se me acabe el contrato de la promocion o mucho cambian las cosas o me
ire de esta empresa que tener mejor oferta es bastante sencillo (tv de pago por
satelite, adsl y sobra dinero todavia..)», ao que un tal makeijan engadiu «Que
curioso! A esta hora só se pode entrar nas páxinas de R :-(».
Agardemos que poñan medidas para evitar este tipo de cortes no futuro e, de non
poder facelo, que cando menos atendan aos seus clientes como merecen.
ACTUALIZACIÓN: No blog de R piden desculpas polo corte e mencionan que están a traballar na creación dun espazo na web do operador de cable para advertir aos seus usuarios das incidencias.
