Os usuarios móbiles de Ono gozarán de 4G a partires do 16 de abril
mércores, 25 de marzo do 2015
Cando Vodafone pechou a compra do Grupo Corporativo Ono anunciou
que os usuarios da compañÃa resultante poderÃan gozar das conexións de fibra
óptica de Ono e do 4G de Vodafone, e parece quedar menos para que esta
última promesa se concrete, xa que dende Neeo.es dan conta de que Ono, que
actualmente está a migrar aos seus usuarios móbiles da rede de Movistar á de
Vodafone, comezará
a ofrecer aos seus usuarios o acceso á rede 4G de Vodafone o 16 de abril,
converténdose no primeiro Operador Móbil Virtual (OMV) de Vodafone en gozar
destas redes de maior capacidade e menor latencia.
A data do 16 de abril non serÃa aleatoria, senón que corresponderÃa exactamente
ao dÃa seguindo da data na que pretenden completar a migración dos seus
usuarios de Movistar a Vodafone, para o que é preciso un cambio de tarxeta SIM.
Espérase que estes cambios favorezan que Vodafone poida lanzar unha nova oferta
de servizos converxentes que poidan facer fronte a Movistar, que está a conseguindo
paliar a fuga de usuarios grazas á súa aposta pola fibra óptica; aÃnda que
tamén resultará interesante ver como afectará aos OMV de Movistar o feito de
que os usuarios de Ono vaian gozar de 4G, pois resulta evidente que o operador
non poderá negarse a ofrecer tal servizo ao resto de compañÃas que o demanden.
