Os xogos de Phoenix Wright chegan a consolas domésticas e PC
martes, 9 de abril do 2019
A franquÃa de xogos de Phoenix Wright está moi asociada ás
consolas portátiles de Nintendo, onde convertéronse en todo un referente,
especialmente no Xapón, e aÃnda que nos últimos anos adaptáronse a
dispositivos móbiles, faltáballes dar un grande salto para achegarse a un
público máis amplo, e por fin chegou o momento co lanzamento de Phoenix Wright: Ace Attorney Trilogy
para Xbox
One, PlayStation
4, Nintendo
Switch e PC.
Temos asà que os usuarios de consolas de videoxogos da presente xeración e
tamén de ordenadores persoais poden gozar dunha recompilación que inclúe os
tres xogos orixinais da saga: Phoenix Wright:
Ace Attorney, Phoenix Wright: Ace
Attorney - Justice for All e Phoenix
Wright: Ace Attorney - Trials and Tribulations. Cómpre salientar que
falamos das versións dos xogos optimizadas para pantallas de alta definición, para
que en máquinas modernas poidamos gozar destes xogos dun xeito minimamente
digno, aÃnda que tamén hai que advertir que os xogos só están dispoñibles en
xaponés e inglés, estando previsto que no verán reciban actualizacións
engadindo outras linguas (alemán, francés, coreano e chinés).

- Un dos sinais de identidade desta franquÃa é a rotundidade das protestas nos xuÃzos ao berro de «Objection!»

- No xogo haberá que conversar con numerosos personaxes para reunir pistas.

- Para conseguir a absolución dos nosos defendidos haberá que facer grandes investigacións detectivescas.
Tráiler de lanzamento de Phoenix Wright: Ace Attorney Trilogy
