PS Plus achegará Conan Exiles en abril
mércores, 27 de marzo do 2019
Este
mes PlayStation Plus iniciou unha nova etapa na que xa non ofrece aos seus subscritores
xogos para PS3 e PS Vita, o que forzou a que tivesen que mellorar os tÃtulos para
PS4 de cada mes, e semella que van por bo camiño, xa que os xogos que ofrecerán
en abril teñen certo nivel e, ademais, teñen a fortuna de non terse vendido
masivamente, de xeito que para a meirande parte dos usuarios serán unha
interesante descuberta.
Os xogos de PS4 que terán dispoñibles os subscritores de PS Plus a partires do
2 de abril comezan con Conan
Exiles, tÃtulo de
hai menos dun ano, que preséntanos unha aventura de supervivencia inspirada
na clásica saga do bárbaro de Robert E. Howard, na que encarnaremos a un exiliado
que terá que explorar un enorme mundo hostil mentres se vai equipando e incluso
pode colaborar con outros xogadores neste mundo en liña compartido. Ou sexa,
que Conan Exiles é un tÃtulo que pode
abordarse tanto en modo para un xogador como no modo multixogador en liña
duradeiro.
O outro xogo que chega en abril é The
Surge, un curioso xogo dos creadores da aventura medieval Lords of the Fallen, que dan un xiro de
ciencia ficción nesta nova e desafiante aventura de rol. Neste tÃtulo tomaremos
o rol de Warren, un novo empregado que esperta nos momentos posteriores a un
cataclismo descoñecido e atopa o seu novo lugar de traballo destruÃdo por máquinas
fóra de control. Haberá que explorar corredores labirÃnticos nas instalacións
de investigación de CREO mentres se evita ás máquinas entolecidas, se recollen
armas e pezas novas, rescátase a superviventes e desbloquéase os segredos do
enorme edificio abandonado.
