Pepephone amplÃa a súa cobertura de fibra óptica alugando a rede de Movistar
venres, 14 de setembro do 2018
A oferta de fibra óptica de Pepephone resultaba atractiva
para moitos consumidores que non podÃan acceder á mesma por falta de cobertura,
xa que empregaba
a infraestrutura de fibra de MásMóvil, pero esta eiva vén de superarse, xa
que a compañÃa pechou
un acordo con Movistar para achegar as súas conexións de fibra de 200 Mbps
simétricos alà onde non cheguen coa súa rede de seu.
Por desgraza, o aluguer da rede de fibra de Movistar custa a Pepephone máis que
a rede de MásMóvil (compañÃa propietaria de Pepephone), polo que teñen que
incrementar o prezo mensual en 9 euros, quedando en 43,6 euros/mes, facendo que
non sexa unha oferta atractiva, aÃnda que no caso de contratar tamén liña móbil
de voz e datos con Pepephone decidiron axustar os prezos para que non houbese
diferenza de prezo en función da cobertura (de xeito que a fibra de 200 Mbps
quedarÃa en 29 euros/mes).
Esta novidade de Pepephone fai que os fogares españois que queiran prescindir
dos servizos de telefonÃa fixa e televisión, e contratar só fibra óptica e
móbil, teñan unha oferta a través de operadores low-cost bastante interesante, de xeito que, por exemplo, con
Pepephone poidan gozar de fibra de 200 Mbps e móbil con 5 GB de datos e
chamadas a 0 céntimos/minuto por 39,90 euros mes ou con móbil con 23 GB de
datos e chamadas ilimitadas por 48,90 euros/mes, mentres que con Lowi a fibra
baixarÃa de velocidade até os 50 Mbps, pero ofrecerÃa móbil con 20 GB de datos
e chamadas limitadas por 34,95 euros/mes. Deste xeito os consumidores poden
elixir entre un operador ou outro en función da importancia que lle dean ao
móbil ou á fibra.