Pepephone estrea unha tarifa con 1.001 minutos en chamadas e 10 GB de datos
xoves, 2 de febreiro do 2017
Dende Pepephone parecen dispostos a continuar a revolucionar
as súas tarifas, entrando a competir coas tarifas que outras compañÃas definen
como ilimitadas ou sen fin, pero que
en virtude da transparencia do OMV con mellor sona do mercado español optaron
por chamala tarifa limitada, de xeito que conta unicamente con dúas
limitacións: só inclúe 1.001 minutos de voz e 10 GB de datos. Deste xeito esta
tarifa non terÃa nin un máximo de destinos ou chamadas, nin outras medidas
incluÃdas na letra pequena (como un máximo de minutos por chamada), como acontece
con outras compañÃas.
ConfÃan en que para o 99% das persoas esta
tarifa sexa ilimitada, xa que non
chegarÃan a consumir nunca nin os minutos de voz nin os datos contratados, e o
seu prezo mantense nun rango bastante moderado (27,9 euros/mes).
Superados os lÃmites da tarifa as chamadas custarÃan 1,21 céntimos/minuto (cun
establecemento de 18,15 céntimos) e os datos adicionais pagarÃanse a 3,63
céntimos o MB.
Como é habitual en Pepephone a banda larga móbil funciona por 4G, a facturación
dos datos é por bytes consumidos (e non por bloques) e carece de compromiso de
permanencia.
