PlayStation Plus ofrecerá o xogo de Mad Max en abril
mércores, 28 de marzo do 2018
Tras un mes de marzo no que PlayStation Plus tivo unha
das seleccións de xogos máis completa que fixo nunca, parece que Sony solta
o pé do acelerador, e ofrece unha
selección para o mes de abril que, pese a ser moi sólida no que a xogos de
PS4 se refire, parece marcar unha pauta n ocaso dos tÃtulos de PS3 e PS Vita,
que son totalmente irrelevantes, con tÃtulos como In Space We Brawl (PS3), Toy
Home (PS3), 99 VIDAS (PS Vita) e Q*Bert Rebooted (PS3/PS4/PS Vita) aos
que tamén se une Motor Strike: Immortar
Legends do programa PlayStation Talents.
Por fortuna, os xogos para PlayStation 4 conseguen eclipsar a mala selección para
as consolas en vÃas de abandono por parte de Sony, comezando por Mad
Max, xogo que sen ser unha adaptación do recente filme do mesmo tÃtulo,
consegue trasladar boa parte da esencia da produción de George Miller, con
grandes combates corpo a corpo e en vehÃculos a través do Páramo, onde haberá
que superar complicadas misións mentres se explora o territorio para xuntar
recursos para construÃr un vehÃculo de combate cada vez máis completo.
O outro xogo entra dentro do xénero da condución máis clásica, pois non é outro
que Trackmania
Turbo, o arcade de carreiras de Ubisoft, no que a velocidade manda e
que permitirá escoller entre 4 escenarios con máis de 200 circuÃtos e coa
posibilidade de gozar de partidas con ata 16 xogadores. Tamén será posible
tirar proveito do Trackbuilder para deseñar as nosas propias pistas.
