PlayStation Plus subirá o prezo do seu plan mensual o 1 de agosto

venres, 31 de maio do 2019 Marcus Fernández

No verán de 2017 o servizo de subscrición PlayStation Plus subiu de prezo, de xeito en función do tempo contratado a suba de prezo estaba entre o 14 e o 25%, e este verán van a repetir a xogada para indignación de moitos usuarios que ven que teñen que pagar máis por menos, xa que antes o servizo, aparte da posibilidade de xogar en liña ofrecía un mínimo de 6 xogos ao mes, que pasou a só 2 xogos ao retirarse o soporte para PS3 e PS Vita.
Estaría confirmada a nova suba de prezo de PlayStation Plus en Asia e Europa, de xeito que ao igual que a mensualidade en 2017 pasou de 6,99 a 7,99 euros, agora veríamos como incrementaríase até 8,99 euros/mes, mentres que as cotas trimestrais e anuais manterían o prezo (24,99 e 59,99 euros respectivamente), o que semella claramente un intento de fidelizar aos subscritores a través dos plans de subscrición de maior duración. Estes novos prezos entrarían en vigor o 1 de agosto.

PUBLICIDADE