Poñen cancelas aos números telefónicos 118 para evitar abusos
martes, 13 de febreiro do 2018
O Ministerio de EnerxÃa, Turismo e Axenda Dixital modificou
a Orde Ministerial que regula os números telefónicos 118, os que se usan
para proporcionar servizos de información sobre números de teléfono, para
eliminar o custo de establecemento de chamada, limitar o prezo por minuto e
fixar a duración máxima da chamada.
A nova norma, publicada
hoxe no BOE, inclúe a prohibición de cobrar un prezo polo establecemento de
chamada ao servizo de información, de xeito que facturarÃase só por tempo, sen
cota fixa inicial, evitando asà o abuso de casos nos que chegaban a cobrarse
ata 6 euros por establecemento de chamada.
A Orde tamén fixa o prezo máximo de 2,5 euros/minuto (cando habÃa compañÃas que
cobraban 6 euros/minuto) e, no caso de querer establecerse un prezo superior,
estes números 118 non serÃan de acceso libre, senón que só estarÃan dispoñibles
mediante solicitude previa ao operador.
A duración das chamadas tampouco poderá superar os 10 minutos de duración,
incluÃndo nesta duración aos servizos que ofrecen a posibilidade de conectar a
chamada co número polo que se realizou a consulta, restrinxindo considerablemente
os sustos que recibÃan moitos consumidores nos últimos anos.
Cando chamemos a un número 118 escoitaremos unha locución de 20 segundos no que
informarase do prezo por minuto da chamada, da súa duración máxima e do
responsable do servizo, estando prohibido que se inclúa contido adicional
algún.
Tamén queda prohibido que as chamadas a servizos 118 podan realizarse mediante
sistemas de marcación automática ou inadvertida, sendo obrigatoria a marcación
activa, manual e consciente por parte do usuario.
A Orde pasará a ser efectiva dentro de tres meses a partires de mañá, para dar
asà tempo a que os provedores do servizo poidan adaptarse ao regulamento.
