R amplía a súa oferta de tarifas móbiles

xoves, 8 de agosto do 2013 Marcus Fernández

Imaxe dun anuncio dos servizos móbiles de RO operador galego R iniciou o mes de agosto renovando as súas tarifas móbiles e, aparte de ofrecer un par de tarifas nas que o usuario paga en base ao seu consumo, contaba tamén con 3 tarifas planas con contas de 15, 20 e 30 euros/mes + IVE ás que vén de incorporarse unha cuarta, a tarifa plana 50, que ofrece 3.000 minutos de voz, 500 mensaxes de texto e 5 Gb de tráfico de datos ao mes a máxima velocidade por 50 euros + IVE ao mes.
Como noutras tarifas deste tipo, facturaranse as chamadas que superen o límite da tarifa a 8 céntimos/minuto (cun establecemento de 15 céntimos), as mensaxes de texto a 9 céntimos minutos e, no caso do acceso á Rede, reducirase a velocidade a 64 Kbps sen custo adicional.

Cadro coas novas tarifas planas de R