R continúa o seu espallamento polas vilas galegas
mércores, 27 de febreiro do 2008

- Obras de canalización de R en Melide
A operadora de telecomunicacións galega R, grazas a un acordo
asiando coa ConsellarÃa de Innovación e Industria, está a implantar a súa rede de
fibra óptica por vilas galegas como A Estrada, Melide e Cedeira.
No
núcleo urbano de Cedeira xa practicamente remataron as obras de canalización
de xeito que se estima que no mes de decembro se comezará a dar servizo á vila,
na que R xa ten instalada unha cabina telefónica na Praza de Galicia.
Nos pasados dÃas tamén comezaron as obras
de canalización en 22 rúas de Melide, nunhas obras que rematarán en maio,
tralo que se executará unha segunda fase que dará cobertura a todo o casco urbano.
Socorro Cea, alcaldesa de Melide, amosou a súa satisfacción polo impulso ó
desenvolvemento tecnolóxico que está a realizar a ConsellarÃa. O Concello tamén
se acolleu á liña de axudas para levar a banda larga ó polÃgono industrial da
Madanela.
R está a dar servizo actualmente en A Coruña, Santiago, Ferrol, Oleiros,
Culleredo, Cambre, Arteixo, Ames, Betanzos, Narón, As Pontes, Boiro, Carballo,
Fene, Laracha, Miño, Ordes, Oroso, Pontedeume, Ribeira, Sada, Bergondo e Arzúa
e antes de rematar o presente ano procurará espallarse a A Pobra, Ares, Brión,
Cabanas, Malpica, Mugardos, Neda, Negreira, Noia, Padrón, Ponteceso,
Pontecesures, Rianxo, Teo e Vimianzo.
