R e Movistar son os operadores que máis se axustan ás velocidades de acceso á Internet prometidas

xoves, 9 de xuño do 2011 Marcus Fernández

A Asociación de Internautas (AI) vén de facer públicos os resultados dos seu Terceiro Estudo sobre a Calidade dos Operadores de Internet en España baseado en 12 millóns de probas recollidas e que por primeira vez recolle velocidades superiores aos 20 Mbps en case todos os operadores, reflectindo que a velocidades de máis de 10 Mbps é onde mellor se evidencia a diferenza entre as velocidades medias acadadas e as contratadas polos usuarios.
Sobre o caudal de medio tanto de descarga como de subida o operador que máis se axusta ao contratado é Movistar, que achega o 81,97% e o 81,79% do caudal prometido, seguido por R co 79,70% e o 79%, mentres que as compañías que sen peor paradas son Jazztel (52,34%/75,07%) e Ya.com (73,89%/55,24%).
En puntuacións globais de calidade lidera o ranking da Asociación de Internautas Movistar (8,64), seguida por ONO (7,34) e R (6), mentres que outras compañías como Ya.com (4,64), Euskaltel (4,42) e Jazztel (4,16) non conseguen o aprobado.