R estrea tarifas planas para liñas móbiles adicionais

venres, 15 de abril do 2016 Marcus Fernández

O operador R vén de lanzar unha interesante tarifa móbil pensada para as liñas adicionais de contratos que xa teñan unha tarifa ilimitada contratada, ou sexa, unha tarifa especial que se chama tarifa R e que chega en dúas versión con 2 e 3 GB de datos a 10 e 13 euros/mes respectivamente, incluíndo ambas chamadas ilimitadas a fixos e móbiles estatais.
Estamos ante unha tarifa cun prezo moi atractivo, pero con numerosas condicións para a súa aplicación, xa que para poder optar á tarifa R con 3 GB de datos por 13 euros/mes hai que contar como mínimo cunha tarifa plana ilimitada (ou sexa, pagar como mínimo 22 euros por unha tarifa equivalente a esta) cun máximo de 3 liñas nesta tarifa por cliente; no caso da tarifa R con 2 GB por 10 euros/mes é preciso non só ter contratada unha tarifa plana ilimitada, senón tamén un combo 50, 150 ou 360 (ou un mambo actualizado) que tamén ten un máximo de 3 liñas por cliente.
Con esta medida R parece buscar atraer aos clientes que teñan liñas móbiles adicionais con outras compañías, para que así a porten a R, compañía que actualmente achega cobertura coa rede de Vodafone, pero que a partires do verán prevé a migración a Orange, elemento que hai que ter en conta á hora de decidir mudar de operador.