R permite levar o teléfono fixo no PC ou no móbil
mércores, 21 de marzo do 2012

- Imaxe do último anuncio do servizo de telefonÃa móbil de R
A
integración de servizos de telefonÃa do operador galego R ten amosado o seu
potencial na empresa, pero agora tamén quere levar algunhas das súas vantaxes
profesionais ao usuario particular, e anuncian que os
seus clientes domésticos xa poden levar o seu teléfono fixo no ordenador, no iPhone
ou nun móbil Android valéndose de conexións Wi-Fi cando non estean no seu
fogar facendo uso da tecnoloxÃa de VoIP e podendo aproveitar asà a súa tarifa
plana de chamadas a fixos nacionais ou as chamadas de balde a móbil que inclúa
a súa tarifa contratada. Este servizo resulta especialmente atractivo no caso
de usuarios que viaxen fóra de España, pois poderán aproveitar unha
conexión á Rede para facer chamadas telefónicas coma se estivesen na súa casa.
No caso de querer acceder ao número telefónico dende o PC o proceso é sumamente
doado, pois chega con visitar dende o mesmo a páxina teléfono web R (ou instalar unha aplicación dispoñible
na mesma páxina web), mentres que dende smartphones
é preciso instalar unha aplicación compatible, recomendándose dende R a
solución de VoIP Bria, dispoñible tanto para
iPhone como para Android
(de pagamento en ambos casos), recomendándose o seu uso con conexións Wi-Fi
para poder empregar o servizo de voz coa debida calidade.
O nome comercial deste servizo é fixo no PC
e ten un custo mensual de 2 euros + IVE, o que claramente compensará a quen
realice habitualmente chamadas a teléfonos fixos en mobilidade, queira
aproveitar os seus minutos de chamadas a móbiles de balde dende fóra do fogar
ou viaxe ao estranxeiro. Amais, o servizo non ten compromiso de permanencia,
polo que pode contratarse cando se desexe (por exemplo, antes saÃr de vacacións
ou dunha viaxe) para poder aproveitalo só cando sexa preciso.
