R premia cun 20% de desconto aos clientes que non renovan o seu móbil
xoves, 23 de febreiro do 2012

- Imaxe da campaña publicitaria R the móbil obsession
O
operador galego R vén de anunciar unha nova promoción acumulable coa que premian aos clientes que gozan dun móbil libre
ou que teñan esgotado o seu compromiso de permanencia co terminal actual e non
opten pola súa renovación, de xeito que terán
un 20% de desconto na cota do móbil, para o que deberán que contactar co
servizo de atención ao cliente para activar tal desconto.
Os usuarios que poidan acollerse a esta promoción a partir do vindeiro dÃa 1 de
marzo poderÃan gozar das seguintes modalidades de contrato de telefonÃa móbil:
tarifa mini+internet: por 7,2 euros/mes terán 500 Mbytes de datos, chamadas a 4 céntimos minuto e mensaxes de texto a 9 céntimo.
tarifa plana 24h 150: por 15,2 euros/mes terán 500 Mbytes de datos, 150 minutos en chamadas as 24 horas e 100 SMS de balde.
tarifa plana 24h 350: por 23,2 euros/mes terán 500 Mbytes de datos, 350 minutos en chamadas as 24 horas e 100 SMS de balde.
tarifa planas 24h 750: por 39,2 euros/mes terán 500 Mbytes de datos, 750 minutos en chamadas as 24 horas e 200 SMS de balde.
tarifa plana 24h 1500: por 63,2 euros/mes poderán gozar de 2 Gb de datos,1.500 minutos en chamadas e 500 SMS de balde.
A todos estes prezos haberÃa que engadirlles o IVE correspondente.
Cómpre lembrar que R vai dobrar
o tráfico de datos incluÃdo coas súas tarifas móbiles a partir do 1 de marzo,
e que os clientes que tamén teñan os servizos de telefonÃa fixa e internet
contratados con R poderán
sumar un desconto de 6 euros/mes na cota do seu combo, engadindo atractivo a esta nova promoción.
