R quere entrar no mercado da telefonÃa móbil 4G
luns, 13 de outubro do 2008
Está previsto que
a primeiros de 2009 se reestruturen as frecuencias de telefonÃa móbil, concedéndose 3 ou 4 licenzas
con ámbito autonómico para fomentar a competencia, e dende La Voz de
Galicia confirman
que a operadora galega R estarÃa interesada en explotar a banda de
frecuencias entre os 2.500 e 2.690 MHz para dar servizos de telefonÃa móbil de
cuarta xeración (LTE).
Dende R sosteñen que a rexionalización permitirÃa o investimento en
infraestruturas en zonas nas que as operadoras estatais non están interesadas,
polo que de apostarse dende a operadora galega pola telefonÃa móbil 4G se
poderÃa reducir a fenda dixital do rural galego, xa se abrirÃa unha nova porta
de acceso á banda larga pola vÃa das comunicacións móbiles (lembremos que o
acceso á Internet a través de 3G xa goza de grande popularidade en España).