Reino Unido toma medidas contra a suplantación de liñas telefónicas
mércores, 29 de xaneiro do 2025
Nos últimos anos moitos calotes estaban orixinados en chamadas telefónicas que proviñan de números telefónicos que correspondÃan ás oficinas bancarias das vÃtimas, para sorpresa das mesmas, ignorantes do doado que era a suplantación telefónica.
Semella que esta práctica delituosa vai camiño da desaparición, pois as autoridades comezan a adoptar medidas contra a mesma, e hoxe mesmo o regulador dos servizos de telecomunicacións no Reino Unido anuncia novos requisitos de bloqueo para protexer aos consumidores de chamadas fraudulentas.
Dende hoxe, os operadores de telecomunicacións no Reino Unido terán que bloquear as chamadas que cheguen do estranxeiro que simulen ser números de teléfono fixo británicos, co que frearanse moitos dos intentos de estafa telefónica, podendo este sistema chegar a bloquear até un millón de chamadas diarias.
Dada a efectividade deste tipo de medidas, prevén trasladalas tamén a números de teléfono móbil ao longo do presente ano.
En España xa se realizou unha consulta pública sobre as medidas para combater os calotes de suplantación de identidade a través de chamadas telefónicas e mensaxes de texto fraudulentos e a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia tamén valorou positivamente as medidas propostas e engade recomendacións que confiamos que en breve se traduzan nunha regulación que protexa como é debido aos consumidores.