Rexistrado o primeiro parón no uso da telefonÃa móbil en España
luns, 27 de xullo do 2009
A crise, ou a contención do gasto que se deriva dela (teña rematado aquela ou non), non deixa eido produtivo sen pegada, as máis das veces representada esta por unha gráfica en liña descendente. Este é precisamente o perfil dun deses sectores que hai un tempo criamos intocable pero que nestes tempos que corren tamén dá sinais de certa baixada do ritmo. Falamos da telefonÃa móbil, un sector que de implicar a amplÃsimas porcentaxes de poboación (que ficaban termando do seu aparello mentres prescindÃan de outros gastos) vén de entrar en fase de caÃda nos ingresos: concretamente do 5% en España e logo do primeiro trimestre de 2009 con respecto a cifras do mesmo perÃodo en 2008. Por certo que hai un dato a ter en conta: trátase da primeira vez na historia da telefonÃa móbil no paÃs en que se reduce o uso e o gasto sobre esta tecnoloxÃa-servizo. As causas? Son múltiples e variadas, reais ou ficticias, pero responden moitas delas á crise económica e produtiva da que aÃnda non nos temos recuperado.
AsÃ, logo de varios anos prescindindo de cousas que nos tocaban de preto e pasada xa a primeira euforia provocada polo teórico luxo social que reporta un móbil, chegou por fin o intre de falar menos e con aparellos e servizos máis baratos.
Segundo datos achegados pola Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT), o tráfico de telefonÃa móbil reduciuse no devandito perÃodo nun 0,4%.
Por certo que a caÃda no emprego desta tecnoloxÃa tamén afectou, como non Ãa ser doutro xeito, ás mensaxes curtas, que caen ata o 6% en gasto, e máis ás cotas de liña. Entre os eidos nos que máis se deixou notar esta baixada, cómpre salientar ao eido empresarial, que é onde se están a poñer en marcha as medidas máis eficaces para que por fin se dea esa arela de dicir polo dispositivo móbil unicamente o necesario. Deste xeito, o ingreso medio por cliente é agora de 218,84 euros por trimestre, que é a cantidade máis baixa dos últimos anos, afastada dos 331 euros que se pagaron no mesmo perÃodo de 2008.
Porén, e para enlealo todo un pouco máis, si que se ten constatado un incremento no número de liñas, que medraron o 1,4% ao longo de tres meses e xa van alén da cifra dos 50 millóns.
