Saen á venda lotes de PS5 co xogo Astro Bot

venres, 14 de marzo do 2025 Marcus Fernández

Sony vén de pór á venda un par de lotes especiais de consolas PlayStation 5 que inclúen o xogo Astro Bot, considerado o Xogo do Ano na última edición dos The Game Awards (premios nos que tamén recibiu o galardón á mellor dirección, ao mellor xogo de acción/aventura e a mellor xogo familiar). Deste xeito, os usuarios que dean o salto a PS5 poderán gozar sen custo adicional dun dos mellores xogos para toda a familia que, amais é toda unha homenaxe ao mundo dos videoxogos (a través de referencias a unha chea de xogos dentro do propio título).
O lote máis económico sería o que inclúe a edición dixital da PlayStation 5 (sen lector de discos), un mando DualSense e un cupón para poder facerse con Astro Bot na PlayStation Store por un prezo de 399,99 euros; mentres que o lote que inclúe a PlayStation 5 con lector de discos ten un prezo de 499,99 euros. Ambos modelos inclúe 1 TB de almacenamento interno, soportes de plástico para poder colocar a consola en horizontal e cables (de alimentación, HDMI e USB).
Lembremos que habitualmente a PS5 dixital ten un prezo de 449,99 euros, mentres que con lector de discos custa 549,99 euros, mentres que o xogo Astro Bot ten un prezo oficial de 69,99 euros, polo que os novos lotes supoñen un desconto de 119,99 euros.