Samsung mellora a produción das novas memorias móbiles de 16 GB

luns, 31 de agosto do 2020 Marcus Fernández

Aínda que Samsung daba conta da entrada en produción da súas memorias de 16 GB para dispositivos móbiles en febreiro, non é até agora cando confirman o inicio da súa produción masiva na meirande liña de semicondutores do mundo, de xeito que nos vindeiros meses poderemos ver smartphones de alta gama equipado con estas novas memorias LPDDR5, que agora tamén se fabrican no novo complexo de Pyeongtaek, con máis de 128.900 metros cadrados e que será onde ten lugar a segunda liña de produción das memorias DRAM de 16 GB e onde tamén teñen previsto producir as memorias V-NAND da vindeira xeración.
As novas memorias LPDDR5 de 16 GB conseguen velocidades de 6.400 Mbps, polo que serían un 16% máis rápido que as memorias LPDDR5 de 12 GB (así como das memorias de 16 GB que comezaron a fabricar en febreiro), á vez que tamén reducen o seu grosor un 30%, facilitando así a súa instalación en smartphones nos que o grosor é crítico por ser encartables, contar con cámaras de grande tamaño ou precisan de espazo para novas tecnoloxías como a 5G.

No complexo de Pyeongtaek botou a andar a segunda liña de produción das novas memorias de Samsung

PUBLICIDADE