Sanidade licita case 5 millóns de euros para reforzar as infraestruturas dixitais do Sergas
mércores, 1 de abril do 2026
A Xunta, a través da ConsellerÃa de Sanidade, vén de publicar no Portal de Contratos Públicos a licitación de dous contratos destinados á xestión e evolución das súas infraestruturas tecnolóxicas. Por unha banda, inclúese a plataforma de servidores UNIX, sistemas de almacenamento e ferramentas de monitorización e backup, cun orzamento de 2.415.508,48 euros; pola outra, a plataforma de servidores x86, o software de base asociado e os servizos na nube, por 2.405.857,52 euros.
O Servizo Galego de Saúde dispón dunha arquitectura de sistemas de información de alta dispoñibilidade, concibida para dar soporte a servizos asistenciais crÃticos como a historia clÃnica informatizada (IANUS), a imaxe médica dixital ou a receita electrónica. Esta contorna baséase nunha infraestrutura de alto rendemento e robustez que integra servidores de última xeración, sistemas avanzados de almacenamento e software especializado.
Na actualidade, máis de 45.000 profesionais están conectados a estes sistemas, que suman máis de 2.500 servidores e superan os 10 PB de información, distribuÃda nos centros de proceso de datos da ConsellerÃa de Sanidade e das sete áreas sanitarias.
A licitación responde á evolución constante dos sistemas de información sanitarios, en liña co Plan Estratéxico de Transformación e Saúde Dixital, que abrangue iniciativas como a historia clÃnica intelixente, o uso de big data, o empoderamento do paciente, a teleconsulta ou o diagnóstico por imaxe.
Neste contexto, resulta imprescindible garantir un soporte técnico continuo, operativo as 24 horas do dÃa durante os sete dÃas da semana, que permita asegurar niveis óptimos de funcionamento e impulsar a mellora continua dos sistemas. O obxectivo é facilitar o labor dos profesionais sanitarios e garantir un acceso seguro e eficiente á información.
A capacidade de cómputo e almacenamento constitúe asà un elemento clave para o funcionamento do Sergas e para a simplificación dos procesos asistenciais.
Os proxectos están cofinanciados pola Unión Europea a través do Programa FEDER de Galicia 2021-2027. Con este investimento, o Sergas reforza a súa aposta por unha sanidade moderna, segura e tecnoloxicamente avanzada en todos os seus centros e áreas.
Os contratos contarán cunha duración inicial de dous anos e poderán prorrogarse ata un máximo de catro. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 27 de abril.
