Seleccionados os 40 proxectos que pasan á fase de academia de ViaGalicia
venres, 22 de decembro do 2017
Trala celebración
os pasados 12 e 14 de decembro do StartupDay, unha xornada na que os
emprendedores amosaron as súas habilidades individuais e grupais a través dunha
serie de actividades e dinámicas de grupo, e a reunión do comité técnico da
aceleradora o pasado martes 19 de decembro, hoxe déronse a coñecer os 40 proxectos
seleccionados para pasar á fase de academia ou pre-aceleración da
aceleradora de innovación, ViaGalicia.
Durante os vindeiros meses, os impulsores dos proxectos
seleccionados recibirán formación e titorización para sacar adiante as súas
ideas de negocio. A metodoloxÃa empregada para validar a proposta de valor e o
modelo de negocio dos diferentes proxectos é Lean Startup, un enfoque
eminentemente práctico baseado na experimentación. Tras esta fase, celebrarase
un Demoday en cada unha das sedes, que permitirá avaliar cales serán os
finalistas que participarán no proceso de aceleración e que recibirán apoio
financeiro.
ViaGalicia, promovida polo Consorcio Zona Franca de Vigo e a
Xunta, nas súas cinco edicións, recibiu preto de 900 ideas de negocio, impulsou
máis de 120 proxectos, dos que 52 se transformaron en empresas xerando máis dun
cento de novos empregos. Este programa forma parte da Rede Galega de
Aceleradoras impulsada pola Xunta a través
da que se teñen apoiado nos últimos catro anos máis de 500 proxectos. Os
proxectos de emprendemento innovador pertencen a diversos sectores produtivos,
destacando: o sector TIC, o agroalimentario, o turismo e ocio ou o
aeroespacial, entre outros.
Proxectos seleccinados na fase de academia