SetPay explica nunha charla a coordinación de equipos de traballo distribuídos xeograficamente

luns, 7 de decembro do 2015 Marcus Fernández

A empresa compostelá SetPay non só destaca polo seu atractivo produto, unha solución de pagamentos con tarxeta bancaria baseada no móbil que pode presumir de ser un dos sistemas de TPV máis versátiles do mercado, senón que tamén ten unha organización do seu traballo digna de mención, e para achegar aos interesados a súa experiencia o vindeiro mércores de 18:00 a 20:00 horas van organizar unha charla na súa sede (na Avda. de Montevideo 1, local 2G de Santiago de Compostela) titulada OMG o meu product owner está a 6.000 quilómetros, na que explicarán como son quen de traballar con equipos de empregados distribuídos por todo o mundo, co seu equipo concentrado entre Valencia e Boston, cidades separadas por 6.000 quilómetros e 6 horas de diferencia.
Como poden coordinarse entre dous continentes? Que retos orixina un equipo distribuído? Que técnicas empregan para superalos? Estas preguntas atoparán resposta na charla na que os responsables de SetPay estarán abertos a discutir cos presentes os pros e os contras do seu sistema de traballo.