Simyo estrea chamadas ilimitadas por 12,5 euros/mes
mércores, 20 de xullo do 2016
Cada vez son máis os operadores con ofertas de chamadas
ilimitadas dende o móbil, e agora atrévense a ofrecelas incluso a través de
bonos a prezos moi axustados, como Simyo,
que anuncia hoxe
o seu novo bono de chamadas ilimitadas por 12,5 euros/mes, dispoñible tanto
para clientes de contrato como de prepagamento, que permitirá que os usuarios
poda configurar a súa tarifa de chamadas ilimitadas con distintas opcións de
datos (con conectividade 4G) que van dende volumes de datos de entre 100 MB e 3
GB ata datos adicionais dispoñibles en momentos concretos (de xeito que poden
contratarse bonos de datos de 1 GB para a noite ou para a fin de semana).
O bono de chamadas ilimitadas de Simyo inclúe o IVE no seu prezo de 12,5
euros/mes, e está limitado a 150 destinos, de xeito que, de superarse, os
seguintes destinos terÃan chamadas aos prezos fixados na tarifa base (6
céntimos/minuto + 18,15 céntimos de establecemento de chamada).
