Simyo estrea unha tarifa móbil con datos e chamadas 2 cent./min. por 4,9 euros/mes

mércores, 28 de novembro do 2012 Marcus Fernández

A nova tarifa de Amena que por 9 euros/mes ofrece 1 Gb de transferencia de datos a máxima velocidade, 1000 mensaxes de texto e chamadas a 1 céntimo/minuto cun establecemento por chamada de 15 céntimos ten xa unha resposta de Simyo, operador móbil virtual que por unha cota mensual de 4,9 euros ofrece 600 Mbytes de datos e chamadas a 2 céntimos minutos (aos que habería que engadir 15 céntimos de establecemento de chamada) sen compromiso de permanencia, tarifa que claramente vai dirixida a quen quere ter un smartphone conectado e reducir ao mínimo o seu consumo mensual (por facer pouco uso dos servizos de voz).
Aínda que non esteamos ante a oferta co menor prezo por minuto, si sería unha das máis agresivas no que se refire a reducir o gasto mensual a niveis inéditos incluíndo tal capacidade de transferencia de datos, chegando a custar ata 2 euros menos que outras ofertas semellantes.