Simyo lanza a versión beta do seu Portal Multimedia
martes, 9 de decembro do 2008
Simyo, a operadora de telefonía móbil do grupo de telecomunicacións holandés KPN, que conta con 32 millóns de clientes e presenza
en Alemaña, Bélxica, Holanda e España, vén de renovar a súa face lanzando a
versión beta do seu Portal Multimedia.
Dende hai poucos días, os usuarios desta operadora poden
atopar na nova web un completo catálogo de música e xogos a prezos “moi interesantes”, que van dende os 99
céntimos de euro (que costan as cancións) ata os 2,99 euros (o prezo dos
xogos).
Asemade, o novo portal conta cos últimos éxitos musicais así
como cun orixinal catálogo de artistas independentes e de bandas sonoras de
películas.
Os internautas tamén poden, dende agora, descargar as
cancións que desexen no seu ordenador ou de xeito doado no seu teléfono móbil,
accedendo directamente dende o mesmo á ligazón wap.simyo.es.
Nesta primeira fase beta, o contido está dispoñible en
exclusiva para clientes de Simyo, polo que os seus responsables pídenlle aos
usuarios da web que aporten “novas ideas
e suxerencias para melloralo”, con seccións e contidos que lles gostaría
atopar nel.

