Simyo lanza unha nova tarifa de 5 céntimos/minuto
xoves, 6 de maio do 2010
As operadoras móbiles
virtuais están en pé de guerra, para ver cal consegue as tarifas máis
agresivas, e coma reacción aos prezos de Pepephone e MÁSmovil, dende Simyo
lanzan unha nova
tarifa voz a 5 céntimos/minuto a calquera destino nacional e a calquera hora
a cambio dun consumo mínimo de 6,99 euros/mes o que inclúe un bono de datos
mensual de 300 Mbytes (no caso de contratar esta tarifa antes do 29 de xullo),
incentivo que moitas compañías están a utilizar coma reclamo para captar
clientes.
A nova tarifa está dispoñible para portabilidades e altas, aínda que só na
modalidade de contrato, cobrándose unha cota de establecemento de chamada de 15
céntimos, 9 céntimos por cada SMS, 29 por cada MMS e 3 céntimos por cada Mbytes
de transferencia de datos. Os usuarios que non queiran adoptar esta tarifa
poden seguir con chamadas a 8 céntimos/minuto, de xeito que carecerían de
consumo mínimo mensual (un dos grandes alicientes para migrar a Simyo).

- Táboa comparativa de prezos de varios operadores publicada por Simyo para destacar que teñen as tarifas máis competitivas
