Simyo lanza unha promoción para captar clientes de Vodafone e Movistar
martes, 8 de xullo do 2008
As Operadoras
Móbiles Virtuais (OMV) teñen que afrontar o reto de, utilizando a rede de
operadoras de telefonÃa tradicionais, roubarlles clientes en base a atractivas
ofertas de prezos, e durante esta semana Simyo
lanza unha ofensiva contra Movistar e Vodafone, operadoras ás que
pretende roubarlles clientes
ofrecendo 50 euros de consumo aos seus usuarios de contrato que miguen a Simyo
(30 euros de saldo para os usuarios que pasen a prepago).
Esta promoción se aplica só ata o 13 de xullo e non se aplicará a clientes de
Orange (pois Simyo emprega a súa rede para dar servizo) e serÃa unha das
iniciativas máis directas para captar usuarios por parte dunha OMV.

