Simyo ofrece 4G a todos os seus clientes

mércores, 14 de outubro do 2015 Marcus Fernández

Tras a adopción do 4G por parte dos operadores móbiles con rede propia, que incluso están e estrear o uso da banda dos 800 MHz en moitas cidades españolas, chega a quenda dos OMV, que entran timidamente nestas novas conexións de banda larga móbil, sendo o último en incorporarse Simyo, que agora conta con conexións LTE de serie e para todos, de xeito que todos os seus clientes de contrato ou prepagamento poderán acceder ao 4G sen aumento de prezo, en contraste ao que fan compañías como Euskaltel, que está a estrear 4G, pero limitando esta tecnoloxía ás súas tarifas móbiles máis caras (movemento que previsiblemente tamén podería seguir R).
Para poder gozar do 4G de Simyo é preciso estar nunha zona con cobertura 4G de Orange (que no caso galego chegaría ás cidades, a algunha vila como Lalín, A Estrada ou Carballo, e zonas costeiras como Noia, Ribeira, Rianxo, O Grove ou Cangas), solicitar unha tarxeta SIM 4G (pode solicitarse un duplicado da SIM de balde) e, loxicamente, un smartphone con conectividade 4G (do que teñen varios na súa tenda en liña a prezos que parten dos 99 euros).