Simyo podería botar o peche en España

mércores, 11 de maio do 2011 Marcus Fernández

As compañías tecnolóxicas británicas parecen estar a perder confianza no mercado español, e tras o peche de PC City chegan agora rumores de que o operador móbil virtual SImyo podería seguir o mesmo camiño, xa que os máximos executivos de KPN anunciaron nunha presentación que están a repensar as súas actividades en España e Francia, para centrarse noutros mercados de maior crecemento, rendibilidade e tamaño, segundo recoñeceu Eelco Blok, conselleiro delegado da compañía.
Os directivos de KPN non concretaron os seus plans, e nin sequera confirmaron a venta ou o peche da súa filial española, Simyo, polo que este anuncio podería limitarse a un mero cambio de estratexia empresarial.
Actualmente Simyo conta con máis de 400.000 clientes, polo que o seu valor de mercado non sería elevado (en boa medida porque son usuarios que apostan pola telefonía de baixo custo).
ACTUALIZACIÓN: Dende Simyo en España veñen de realizar un comunicado no que aseguran que continuarán a súa actividade por ter un número significativo de clientes e uns resultados positivos.

PUBLICIDADE