SmartPEME achega até o 22 de xaneiro catro novos obradoiros en liña

mércores, 20 de xaneiro do 2021 Redacción

Esta semana imos ter novas actividades formativas tecnolóxicas da man da rede de capacitación dixital SmartPEME, da Deputación de Pontevedra, que segue adiante, online, co seu programa de cursos para acelerar a transformación de pemes, profesionais e e persoas autónomas da provincia. Trátase de catro novas accións formativas impartidas de xeito en liña enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática.
As accións versan sobre o emprego de Instagram e da súa nova función Reels para a promoción empresarial, a impresión 3D e plataformas para a creación dunha tenda en liña.
En concreto, este martes 19 impartiuse xa o obradoiro Reels: a Nova Función de Instagram, a cargo de Lara Taboada, titulada en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico.
O mércores 20 será a quenda de Como Utilizar Instagram para Promover a túa Empresa, que virá da man de Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais.
Pola súa banda, o xoves 21, o experto universitario en Robótica, Manuel Freire, impartirá Impresión 3D II: Impresoras de Filamento, dando continuidade ao obradoiro desenvolvido a semana pasada.
Por último, o venres 22, Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas, falará sobre comercio electrónico no obradoiro Descobre Plataformas para crear de Maneira Sinxela a túa Propia Tenda en liña.

PUBLICIDADE