Só as operadoras virtuais gañaron liñas móbiles no mes de abril
martes, 18 de xuño do 2013

- Ganancia neta de liñas (en milleiros) durante o pasado mes de abril
AÃnda que nos últimos meses podiamos ver como Movistar e
Orange eran as operadoras móbiles que perdÃan continuamente liñas de telefonÃa
no seu balance mensual, a nota
da Comisión do Mercado das Telecomunicacións correspondente ao mes de abril
amosa que ao balance negativo súmanse tamén Orange e Yoigo, sendo as únicas
compañÃas en continuar a gañar liñas as operadoras móbiles virtuais (OMV).
Enténdese que é a conxuntura económica a que está a provocar esta situación, na
que os clientes son cada vez menos fieis ás súas compañÃas, cun volume de
portabilidades moi elevado (560.371 números portados en abril, o que supón un
aumento interanual do 66,2%) que responderÃa a unha busca de tarifas máis
competitivas.
Na mesma liña dos meses anteriores, tanto a telefonÃa fixa como a neta perderon
liñas, mentres que a banda larga continúa a medrar, con 42.550 novas conexións,
das que 33.668 corresponderÃan a operadores alternativos a Telefónica.
