Sony aposta polo vídeo nos seus novos móbiles

venres, 31 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Sony anunciou o lanzamento dos seus terminais de telefonía móbil das series NWZ-A810 e NWZ-S610 para o mes de setembro nos EE.UU., dispositivos que reproducen música en MP3 e WMA, pero que non só empregan música, senón que tamén poderán xestionar vídeo on-line.
Os móbiles da serie NWZ-A810 contará cunha batería que permitirá a reprodución de vídeo ata 8 horas e custarán entre 140 e 230 dólares, mentres que os da serie NWZ-S610 engadirían 1 hora á duración das súas baterías e custarían entre 120 e 210 dólares.
Con este lanzamento Sony busca reforzar a súa presenza no mercado norteamericano, onde se atopa cunha competencia moi dura por parte de Apple.