South Park terá un novo xogo para móbiles
martes, 31 de outubro do 2017
Mentres o xogo South
Park: Retaguardia en Peligro trunfa
en ordenadores e consolas de videoxogos, Ubisoft está a preparar o
lanzamento dun xogo para dispositivos móbiles da franquÃa de Trey Parker e Matt
Stone, South Park: Phone Destroyer,
que verá
a luz o vindeiro 9 de novembro.
Este novo xogo permitiranos participar como vaqueiros, piratas, feiticeiros e
incluso deuses cos nenos e os habitantes de South Park combinando estratexia en
tempo real e naipes coleccionables e batallas explosivas nas que participaremos
como un neno novo personalizable.
No xogo poderemos empregar máis de 80 naipes a través dunha campaña para un
xogador con 60 niveis con historia e diálogos que agradecerán os seareiros da
serie de televisión na que se inspira este tÃtulo. Completando as distintas
fases poderemos mellorar o noso mazo, conseguir novos naipes, amasar botÃn e
desbloquear retos. Para os que busquen algo máis, tamén existirá a posibilidade
de enfrontarse en tempo real contra xogadores de todo o mundo en partidas de un
contra un, nas que poderemos progresar nunha clasificación mundial.
South Park: Phone Destroyer poderase
descargar de balde para iOS e Android e recibirá actualizacións tras o seu
lanzamento para manter o interese no mesmo.
Tráiler de South Park: Phone Destroyer