Star Wars: Battlefront II formará parte de PlayStation Plus en xuño

xoves, 28 de maio do 2020 Marcus Fernández

Comezamos a semana o adianto de que entre os xogos de PlayStation Plus para o mes de xuño estaba Call of Duty: WWII, que xa pode descargarse dende esta mesma semana, e agora desvelan cal é o outro xogo que recibirán os subscritores de pagamento de PlayStation Plus, que está claramente á altura: Star Wars: Battlefront II.
A edición base de Star Wars: Battlefront II estará dispoñible para subscritores de PS Plus entre o 2 de xuño e o 6 de xullo, tempo no que poden engadilo á súa colección persoal, para así poder gozar de grandes aventuras como os conflitos das Guerras Clon, o ataque á segunda Estrela da Morte por parte de Luke Skywalker ou incluso dirixir a Primeira Orde como Kylo Ren.
O xogo conta con máis de 25 xogos entre os que non faltan modos cooperativo e competitivo en liña ou batallas fóra de liña contra inimigos controlados pola intelixencia artificial.
Como extra, en xuño será posible facerse tamén con Treasure Rangers, un modesto xogo de plataformas e quebracabezas 3D que arroxa luz sobre o autismo.

En Star Wars: Battlefront II poderemos revivir numerosas batallas do universo cinematográfico da Guerra das Galaxias

PUBLICIDADE