Starlink reduce o seu prezo a 49 euros/mes
mércores, 15 de novembro do 2023
O
pasado verán Starlink rebaixou o prezo do
seu servizo de Internet mediante satélites de baixa altura, pasando
de 108 euros/mes a uns moito máis accesibles 70 euros/mes, o que parecÃa
bastante atinado para empresas que non puidesen gozar dunha conexión á Rede
digna en lugares afastado, pero agora Starlink quere achegarse tamén aos
usuarios particulares, e pasa o ofrecer o seu servizo residencial por 49
euros/mes, aos que haberÃa que engadir 450 euros polo hardware no caso de optar
por mercalo (pode alugarse por 9 euros/mes). Tamén existe unha modalidade do
servizo que permite a modalidade (pensando en usuarios viaxeiros), que ten un
prezo de 109 euros/mes.
No caso de querer gozar do servizo de Starlink en negocios, en vez de contratar
unha conexión doméstica é máis recomendable optar pola versión para empresas,
que permite adquirir hardware de mellor desempeño (por 2.891 euros), e que ofrécese
en diferentes modalidades en función do volume de datos para o que queren gozar
de prioridade na conectividade, e irÃan entre os 113 e os 1.283 euros/mes.