Telefónica anuncia as súas tarifas para 2008

venres, 9 de novembro do 2007 Marcus Fernández

Cada ano cambian habitualmente as tarifas de moitos servizos, e Telefónica anunciou os seus prezos a partires do 1 de xaneiro de 2008, subindo o custo do establecemento de chamada de 12 a 15 céntimos de euros mentres reducen entre un 8 e un 18% o prezo por minuto das chamadas (dependendo de horarios e operadores de destino).
Coas novas tarifas os horarios normal e reducido se unificarán para tódalas operadoras, o qeu supón unha simplificación, aínda que tamén hai que destacar que os novos prezos se dividen en 2 bloques, de xeito que as chamadas a Movistar, Vodafone e Orange pagarán 15,5 ou 10 céntimos/minuto (segundo a franxa horaria) mentres que as chamadas a Yoigo custarán 19 ou 17 céntimos/minuto.
O horario normal será agora de luns a venres de 8:00 a 22:00 e os sábados de 8:00 a 14:00, mentres que a tarifa reducida corresponderá ó resto das horas, así como ós domingos e festivos nacionais.
Os actuais bonos de chamadas de fixo a móbil ampliranse en 20 ou 40 minutos sen subir o seu prezo (o que supón un 33% máis de duración), estreándose tamén un bono de 60 minutos por 8 euros (que custará 4 euros para os clientes de paquetes de ADSL con tarifa plana nacional).