Telefónica chega aos 5 millóns de liñas de ADSL e dobrará as súas velocidades
luns, 28 de xullo do 2008
- José Evelio Abarca, Francisco Javier Serrano, Julián RodrÃguez e o seu fillo Marco (gañadores do premio cliente 5 millóns) e Pablo Asenjo
Telefónica
chegou á súa liña de ADSL 5 millóns, premiando ao cliente que
contratou esta conexión, o propietario dun taller de reparacións madrileño,
Julián RodrÃguez, a quen lle obsequian co Posto de Traballo con Mobilidade
Total, que inclúe un ordenador portátil HP con 3G integrado, Wi-Fi e mantemento
integral.
A chegada aos 5 millóns de conexións de ADSL confirma que esta opción continúa
a ser a predominante na banda larga en España, de xeito que é a elixida por 3
de cada 4 usuarios, e continúa en rápido crecemento (medrou un 66% nos últimos
2 anos) o que tamén foi acompañado por melloras tecnolóxicas no tocante a
coberturas e velocidades de acceso.
Na actualidade as conexións de ADSL estándar son de 3 Mbps e o vindeiro 1 de
agosto comezará o proceso de renovación desta oferta a 6 Mbps, resultando a
actualización de velocidade gratuÃta e transparente para o usuario de
Telefónica con Dúo ou TrÃo de 3 Mbps que teñan contratado antivirus (para os
que non teñan contratado este complemento o cambio comezará a aplicarse a
primeiros de setembro, aplicándose o cambio de velocidade por só 1 euro
adicional).