Telefónica deberá publicar semanalmente os datos dos pares de cobre

martes, 1 de abril do 2008 Marcus Fernández

Unha resolución da Comisión do Mercado das Telecomunicación (CMT) insta a Telefónica a proporcionar a Orange a información detallada sobre os pares de cobre, corrixir os defectos do sistema de xestión de operadores e entregar á CMT a información que pon a disposición das súas unidades de negocio minorista e as súas bases de datos.
A resolución responde a unha denuncia de Orange contra Telefónica presentada o pasado outubro por non achegarlle os datos unificados sobre cobertura e características técnicas dos pares, así como polos «continuos erros e deficiencias» de información das bases de datos da Oferta de Bucle de Abonado.
A partir de agora Telefónica deberá actualizar semanalmente o ficheiro coa información dos pares de cobre daquelas centrais nas que sexa posible a coubicación.

PUBLICIDADE