Telefónica e Yoigo amplían o seu acordo de itinerancia nacional
luns, 21 de febreiro do 2011
A
operadora de telefonía Yoigo, que mantén unha estreita colaboración con
Telefónica dende que esta cedeu a compartir as súas infraestruturas de liña
móbil e rede 3G, veñen de anunciar a extensión deste acordo de itinerancia
nacional ata o 2014, que lle permitirá aos clientes de Yoigo empregar a cobertura
de Telefónica en todo o territorio español onde Yoigo non teña despregado a súa
rede propia.
O
conselleiro delegado de Yoigo, Johan Andsjö afirma que “a gran calidade e cobertura” que lle ofrece a rede de Telefónica
levou á compañía a asinar esta extensión do acordo de itinerancia nacional con
Telefónica ata 2014 xa que “lles permite
ofrecer a mellor cobertura aos seus clientes”.
Na
actualidade, Yoigo cubre máis dun 67 por cento da poboación, con máis de 3.600
antenas repartidas en 50 provincias españolas e este ano agarda chegar ao 74
por cento con rede propia.
Naquelas
zonas onde aínda non despregou a súa rede, os clientes operarán baixo a de
Telefónica nas mesmas condicións de calidade que os seus propios usuarios.
