Telefónica incluirá o buscador Yahoo! nos seus móbiles

mércores, 3 de outubro do 2007 Marcus Fernández

Yahoo! pechou un acordo con Telefónica para integrar Yahoo! OneSearch nos seus móbiles, rematando así co anterior convenio que tiñan con Google. Deste xeito os móbiles de Telefónica en España, Inglaterra, Irlanda, Brasil, Arxentina, México, Chile, Panamá, Uruguay, Nicaragua e El Salvador contarán con OneSearch coma buscador exclusivo, mentres que en Colombia, Ecuador, Perú e Venezuela será o buscador predeterminado.
Coa plataforma de busca de Yahoo! os usuarios de Telefónica Móviles poderán ter un xeito máis doado de acceder ós resultados de busca, integrando tamén novas e informacións financeira e meteorolóxica. Amais, Telefónica tamén integrará Flickr nos seus móbiles, así coma Yahoo Mail.