Telefónica porá a proba o seu roaming 4G en Barcelona

xoves, 20 de febreiro do 2014 Redacción

Telefónica vai aproveitar o marco do Mobile World Congress de Barcelona para facer a primeira experiencia tecnolóxica de roaming 4G (LTE) multi-operador para ofrecer servizos de datos de alta velocidade en itinerancia durante o evento, o que permitirá que un nutrido grupo de operadoras e socios tecnolóxicos de máis de 15 países poidan gozar da rede móbil de alta velocidade de Telefónica durante a última semana do mes, replicando o mesmo nivel de servizo 4G do que os seus clientes gozan nos seus respectivos países.
Con esta experiencia Telefónica busca demostrar que está preparada para incluír servizos de LTE en itinerancia á súa ampla cobertura de roaming actual, que suma a máis de 700 operadores globais. Telefonica utilizará o servizo LTE Diameter Exchange de Telefonica Global Solutions e verificará a dispoñibilidade e a calidade con varias unidades de Telefónica (local e internacional) xunto con Keynote SIGOS.