Telefónica presenta o seu novo plan estratéxico e adiante medidas contra as apagadas
martes, 4 de novembro do 2025
Telefónica presentou hoxe en Madrid o seu novo plan estratéxico Transform & Grow, que marcará o rumbo da compañÃa ata 2030 cun obxectivo claro: impulsar o crecemento sostible e reforzar o seu liderado nos seus principais mercados (España, Alemaña, Reino Unido e Brasil). A operadora pretende consolidarse como unha referencia europea a escala mundial cun modelo rendible e eficiente.
O plan estrutúrase arredor de seis piares: ofrecer a mellor experiencia dixital aos clientes, ampliar a oferta para o segmento residencial (B2C), escalar o negocio empresarial e institucional (B2B), evolucionar as capacidades tecnolóxicas, simplificar o modelo operativo e potenciar o talento interno. A compañÃa prevé investir intensamente en intelixencia artificial, innovación en redes fixas e móbiles e modernización dos sistemas de tecnoloxÃa da información para mellorar o rendemento e a atención ao cliente.
A folla de ruta tamén contempla unha forte simplificación organizativa que dará máis autonomÃa aos paÃses e ás unidades globais, co obxectivo de acadar unha maior eficiencia e capacidade de execución. Telefónica estima que estas medidas xerarán un aforro bruto de ata 2.300 millóns de euros en 2028 e de ata 3.000 millóns en 2030.
No eido financeiro, o plan establece un crecemento medio anual dos ingresos do 1,5-2,5 % entre 2025 e 2028, que se acelerará ata o 2,5-3,5 % no perÃodo 2028-2030. O EBITDA axustado seguirá unha evolución semellante. A empresa tamén mantén como prioridade conservar o grao de investimento e unha polÃtica de dividendos ligada ao fluxo de caixa libre: confirmouse o dividendo de 0,30 euros por acción correspondente a 2025, mentres que o de 2026 será de 0,15 euros, con pagamento en xuño de 2027.
A operadora reafirma asà o seu compromiso coa autonomÃa estratéxica europea e co desenvolvemento tecnolóxico do sector, alertando sobre a fragmentación e a falta de escala do mercado das telecomunicacións no continente fronte a Estados Unidos e China. A pesar de que o plan non contempla operacións de consolidación, Telefónica asegura estar preparada para aproveitar calquera oportunidade que xurda e xere valor para os seus accionistas.
Un escudo contra apagadas eléctricas
Hoxe mesmo tamén transcendeu o plan de Telefónica para 2026 que reforzará as baterÃas e os xeradores dos emprazamentos móbiles e as centrais fixas para facer as redes máis resilientes ante unha apagada como a que padecemos o pasado 28 de abril.
O plan pretende que os preto do 50 % dos 22 mil emprazamentos móbiles da operadora teñan capacidade para aguantar un par de horas sen subministración eléctrica, o 40 % terÃa capacidade para aguantar 4 horas sen electricidade e o 10 % restante poderÃa resistir ata 8 horas sen fluÃdo eléctrico.
Cómpre salientar que en boa parte das instalacións é imposible a instalación de grupos electróxenos e os seus correspondentes depósitos de combustible (por pertencer a azoteas de edificios), pero no caso das instalacións fixas é máis doado implantar medidas de respaldo eléctrico, polo que o obxectivo da compañÃa é conseguir que as centrais poidan operar sen problema entre 4 e 24 horas en función da súa importancia.
