Telefónica rebaixa prezos de roaming de SMS para quen viaxe por Europa
martes, 15 de xaneiro do 2008
Telefónica vén de anunciar novidades interesantes para os seus clientes que, amais de selo, tamén andan por Europa adiante ou se comunican con xente que anda por Europa adiante. Máis concretamente, do que se trata é dunha serie de descontos nos servizos de datos en mobilidade para cando os usuarios viaxan ó estranxeiro (máis detalles, neste pdf).
Nun principio, son os clientes de España, Reino Unido, Alemaña, República Checa e Irlanda os que verán beneficiados destas rebaixas que, segundo informa a operadora, serán de máis do 40% nos prezos de interconexión internacional (iso que se vén chamando roaming) para datos.
A cousa non remata aÃ, posto que o custo do envÃo dunha mensaxe de texto a calquera punto da Unión Europa tamén vai caer un pouquiño, concretamente ata os 0,32 euros como máximo. A idea que os operadores Movistar en España e 02 no resto de Europa apliquen esta nova listaxe de tarifas antes das vacacións de verán. Con todo, Movistar farao no mes de febreiro.
