Telefónica subministrará servizos de telecomunicacións ao SERGAS durante os vindeiros 3 anos
xoves, 19 de setembro do 2013
O Goberno autonómico aprobou no Consello da Xunta de hoxe a
renovación do servizo de telecomunicacións do Servizo Galego de Saúde (SERGAS)
mediante un contrato adxudicado a Telefónica que suporá 28 millóns de euros
durante os vindeiros 3 anos, o que segundo declarou Alberto Núñez Feijoo, supón
un aforro de preto do 20%, detallando que esta
renovación realízase “cun dobre obxectivo: mellorar o servizo e mellorar o
custo”.
O presidente da Xunta destacou en rolda de prensa que o SERGAS obterá
importantes melloras a nivel de dispoñibilidade, capacidade e evolución da rede
a través de aspectos como tarifa plana de voz e datos en telefonía fixa e
móbil, cambio de todas as centraliñas existentes por tecnoloxía IP, acceso de
banda larga na totalidade dos centros sanitarios e o aumento do caudal de 100
Mbps a 1 Gbps nos hospitais comarcais do SERGAS.
Tamén establécese que en máis de 25 sedes cun caudal inferior a 200 Mbps
aumentarase a 1 Gbps, e en máis de 90 sedes que actualmente contan cun caudal
inferior ou igual a 50 Mbps pasarán a gozar de conexións a 100 Mbps.
O contrato integra na rede de telefonía do SERGAS os máis de 100 centros de
saúde situados en locais dos concellos, evitando así os custos que este servizo
de voz lles implica.
