Telefónica volve conxelar a cota de abono de telefonía fixa

mércores, 30 de decembro do 2015 Marcus Fernández

Os clientes de Movistar Fusión están a comezar a recibir hoxe a súa última factura, na que se se confirman detalles relativos aos prezos e ás condicións do servizo nun anexo que fai oficial a incorporación de 1 GB de datos adicional ás liñas móbiles incluídas no contrato, á vez que dan conta de que o 5 de febreiro o prezo dos produtos Movistar Fusión incrementan o seu prezo en 3 euros/mes (IVE incluído).

Adicionalmente Movistar tamén informa de que a partires do 18 de febreiro de 2016 o prezo das mensaxes curtas con orixe e destino nacional pasa a ser de 20 céntimos, prezo que tamén será o do establecemento de chamadas nacionais. Como é habitual nos cambios das condicións contractuais, lémbrase que os usuarios poden exercer o seu dereito de resolución do contrato sen custo de facelo antes do vindeiro 18 de febreiro.

Conxelación da cota de abono

Pero aínda que os prezos das ofertas converxentes de Movistar suban de prezo, non acontecerá o mesmo coa cotas de abono de telefonía fixa, que son susceptibles a subir conforme ao IPC, pero Telefónica decidiu conxelar en 17,40 euros (IVE incluído) a cota mensual, de xeito que sería o terceiro ano consecutivo en tomar tal medida.
Actualmente Telefónica tería competencias para incrementar a cota de abono até un máximo fixado polo IPC, xa que os organismos de competencia consideraron que a telefonía fixa xa conta actualmente cunha boa situación de competencia, en boa medida pola presión das ofertas converxentes.