Tetris terá un battle royale para móbiles
venres, 28 de xuño do 2019
A primeiros de ano Nintendo sorprendeu
lanzando un battle royale baseado en Tetris, TETRIS
99, exclusivo para Nintendo Switch, e a boa aceptación deste xogo fai
que non sorprenda que N3TWORK asociárase con The Tetris Company para
desenvolver un videoxogo para móbiles chamado Tetris Royale e, como ben
indica o seu nome, serÃa un Tetris para smartphones no que os usuarios
competirán en partidas de até 100 xogadores que loitarán por ser os mellores.
En Tetris Royale teremos taboleiros de puntuacións en liña, retos
diarios que superar e incluso a posibilidade de conseguir recompensas como power-ups
e potenciadores que poderán empregarse durante os combates neste quebracabezas
que xa contaba con modos competitivos nas súas versións para máquinas
recreativas, pero que limitábanse a 2 xogadores, polo que ver como o público
goza coa ampliación do número de contendentes non deixa de ser unha adaptación
ás tendencias do mercado e ás posibilidades do xogo a través da Rede.
Pero Tetris Royale non se limitará só ao modo de 100 xogadores, senón
que tamén contará coas mencionadas competicións diarias e incluso cun modo individual
que permitirá botar partidas maratonianas para pulir as habilidades nesta
versión móbil dun clásico imperecedoiro.