The Monday Reading Club volve a Vigo o vindeiro luns

venres, 2 de setembro do 2011 Marcus Fernández

Imaxe dunha pasada edición do The Monday Reading Club de Vigo

O club de lectura de libros de marketing que o primeiro luns de cada mes xunta a un grupo de persoa para discutir sobre tema de actualidade do marketing e a Internet, The Monday Reading Club, retoma a súa actividade en distintas cidades españolas, das que destacamos a Vigo, onde o vindeiro luns, concretamente na Casa do Libro, vai ter lugar un destes encontros, que desta volta estará presentado por Pablo Moreiras, e no que empregarán como centro do debate o libro Generación de modelos de negocio de Alexander Osterwalder e Yves Pigneur, un libro claro, directo, esquemático e realmente interesante dirixido a visionarios e persoas con ganas de asumir novos retos, deixando atrás modelos de negocio anticuados para deseñar as empresas do futuro.

A vindeira semana discutirase sobre o libro Generación de modelos de negocio de Alexander Osterwalder e Yves Pigneur